Os que acabades de chegar ó instituto non as coñecedes, ireivos deixando enlaces para que vexades as que foi facendo o Departamento de lingua galega e literatura, coa axuda dos alumnos e do resto do persoal do centro. Ide pensando no que podemos traballar neste curso.
Vede a Exposición do curso 2008-2009. Déixovos aquí unha pequena mostra para que vos animedes.
Con eses mapas, enciclopedias e outros libros; con esas pizarras e pizarríns, plumas e tinteiros; con eses xoguetes e outro material que podedes ver na exposición, aprendemos e divertímonos noutros tempos. Ata faciamos labores! Agora todo é diferente.
Preguntádelles a pais e avós como era o ensino cando eles estudaron, e sinalade as diferenzas con respecto ó de hoxe, ó que vós coñecedes. Non vos limitedes a sinalalas, creade unha historia. A exposición tiña como título " Unha viaxe no tempo", que viaxe, tamén, a vosa imaxinación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario