25.2.12

EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA. A DESCRICIÓN

Dicíavos noutra entrada que vos había de deixar ligazóns para que puidésedes ver outras exposicións do Departamento de Lingua Galega e Literatura. Moitos non estabades no Instituto cando se fixeron.

En maio de 2007 fixemos unha que chamamos etnográfica; nela recollemos ferros, chocolateiras, cuspideiras, lámpadas, tallos de cortar a carne, farois, pucheiras de mazar o leite, mazas de liño, muíños de café, potes e outros moitos útiles domésticos pouco empregados, ou que xa non se empregan na actualidade. 

Vede algunhas  fotos da exposición.  Deíxovos aquí unha mostra:




Tedes que seleccionar un obxecto, facelo voso e salvalo do esquecemento. Debedes buscar información sobre a peza escollida e describila , non só por escrito; tamén teredes que falar, na clase, dese voso obxecto.

Podedes ver as fotos, se o preferides, nestoutra versión :


No hay comentarios:

Publicar un comentario