28.2.12

RUEIROS LITERARIOS DA CIDADE DE OURENSE. IDADE MEDIA E SÉCULOS ESCUROS

Na entrada Humor e cómic explicamos a xénese dun traballo, Rueiros literarios, que realizamos os alumnos de 1º ESO, 1º BAC e profesoras de lingua galega e lingua castelá.

Xa fomos publicando algúns álbums de fotografías e hoxe presentámosvos o que recolle placas de rúas con nomes de autores da Idade Media e dos séculos XVI, XVII e XVIII. Na mesma rúa aparecen placas distintas: Rúa Padre Feijoo ó lado de Rua Xeronimo Feixoo. Fixarémonos na acentuación.



Aparecen mesturados autores que escribiron en galego, en castelán ou nas dúas linguas. Sorprenderavos a placa de Nuño de Ousende porque literato non debe ser, del só sabemos o que encontramos na Onomástica das rúas de Ourense.


Vede este vídeo e escoitade a cantiga de Mendinho:




Outras versións da cantiga en Literalingua.

Podedes ler e  escoitar, tamén, cantigas de Martín Codax, de Afonso X e de Pero Meogo.

Para os máis aplicados deixo esta ligazón: Cantigas Medievais Galego - Portuguesas.

Tendes información sobre Frei Martín Sarmiento, ilustrado que reivindicou o ensino en galego e do galego, nun vídeo que dura menos de seis minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario