Alelís da cor do blog:
Hai un ano que, animada por Aurora, comecei a percorrer este camiño longo. Fíxeno con moitos medos e moitas inseguridades que sigo a ter.
Pensaba, daquela, se me ía servir para algo este blog, e se lles ía servir ós meus alumnos. Hoxe sei que, utilizando esta "ferramenta", aprendín moito, e os meus alumnos, sobre todo os de 1º de ESO, que son os máis fieis, tamén deberon de aprender algo.
Se o meu pai me puidese ler, diríame que ferramentas son a garlopa ou o gramil e outras moitas, pero non o blog. Xa vedes, cada un fala do que sabe. Outro día contareivos algo das ferramentas do carpinteiro.
Se o meu pai me puidese ler, diríame que ferramentas son a garlopa ou o gramil e outras moitas, pero non o blog. Xa vedes, cada un fala do que sabe. Outro día contareivos algo das ferramentas do carpinteiro.
Grazas, a todos os que me lestes e me animastes a seguir.
Parabens de parte dos teus alumnos de 1º de bach. B! Clemente Gómez, Sara Velo, Noelia González e Adrián Carid
ResponderEliminarFeliz aniversario Marina, é un pracer pasear por este camiño.
ResponderEliminarNas celebracións sempre se está mellor se un se sente acompañado.
ResponderEliminarGrazas, Aurora e moitas ,moitísimas grazas a vós,Clemente, Sara, Noelia e Adrián.
Feliz aniversario de blog....bicos.
ResponderEliminarGrazas, Clara.
ResponderEliminarNoraboa por este primeiro aniversario, que agardamos que sexa o primeiro de moitos. Os visitantes alleos tamén aprendemos moito do teu traballo, así que grazas e ánimo!
ResponderEliminarGrazas, Paloma. Alégrame moito saber que che pode servir para algo o meu traballo. Seguirei percorrendo este "camiño" mentres teña algo que contar.
ResponderEliminarFeliz aniversario xefa!. Grazas tamén dos teus compañeiros de Departamentos.Moitos, moitos parabéns e bicos.
ResponderEliminarGrazas, Marisa. O de xefa non che me gusta nadiña; aquí todos somos xefas e xefes, non hai súbditos. Bicos.
ResponderEliminarFELIZ ANIVERSARIO COMPAÑEIRA. POR MOITAS MÁIS TRAVESÍAS XUNTA!
ResponderEliminar