A praia dos afogados de Domingo Villar é a novela que tendes que ler os alumnos de 1º BAC.
Hai moita información sobre este autor e esta obra. Consultade a entrada que Literalingua dedica a esta novela e a outras que poden ser de interese para vós.
Vede, se queredes, algunhas entradas deste blog que foran feitas para os alumnos do curso pasado: A praia dos afogados. Roteiro, Monteferro, Talasonimia relacionada coa Praia dos afogados.
Esta fotografía da praia da Madorra é de Daniel González Martín. Está tomada do blog A Lei de Lem. Cando leades a novela saberedes o que ocorre nesta praia.
Esta fotografía da praia da Madorra é de Daniel González Martín. Está tomada do blog A Lei de Lem. Cando leades a novela saberedes o que ocorre nesta praia.
La Voz de Galicia do día catro de decembro deunos información da terceira novela de Domingo Villar, Cruces de pedra, que será publicada en marzo ou abril. Seguro que algúns a ides ler cando saia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario