5.1.12

COROA POÉTICA A URBANO LUGRÍS

Descubrín desde o blog de Francisco Castro unha publicación dixital do colectivo A Nave das Ideas.

Unha homenaxe a Urbano Lugrís na que podemos ver pintura e literatura en perfecta harmonía. Recoméndovos que vexades os cadros e leades os textos que aparecen na publicación dixital. Déixovos aquí unha mostra:




Paxaro das praias  Lavandeira (1950). Imaxe do blog de Fancisco Castro




Cuarto do vello mariño  (1946) . Imaxe do Museo  Quiñones de León de Vigo

O cadro do Cuarto do vello mariño aparece acompañado dun poema de Xosé Manuel Esperante:

Que cómodo non obstante
é saber que un vai morrer
que chegará un intre
no que un se deteña
e deixe caer
no chan que pisa
todo o seu fluír
toda a súa fuxida
ou o que é o mesmo
toda a súa busca
a súa procura
o seu degoiro
que confortábel
guindarse ao líquido elemento
dun mesmo
descarnado
enxergar o horizonte
desde a propia pel
desgastada
e permitir que un mesmo
o abrangue todo
o acumule
e reduza todo
nun mínimo espazo
nun mínimo aceno
nun mínimo espasmo
de pracer
e de memoria

(aloumiñado polo cuarto de Urbano Lugrís)

Na páxina 21 da publicación dixital aparece un poema de Darío Xohán Cabana: Lugrís na taberna do Elixio. En que obras literarias pensades os alumnos de 1º BAC ó ler ese poema? Que personaxes  frecuentaban a taberna? 

         

No hay comentarios:

Publicar un comentario