Xa citei esta exposición noutras entradas porque utilicei fotografías de Ruth Matilda para falar da rodela e da Casa de Rosalía.
Hoxe, que é o día que a retiran, volvo facelo porque os alumnos de 1º BAC visitaron a exposición antes do Nadal. Mentras agardabamos a que saísen outros grupos que estaban dentro, fixemos estas fotografías:
Eles van ser os que dean a súa opinión sobre a exposición:
Unha ventá ó pasado.
Unha ventá ó pasado.
Quizáis fose porque eles xa o viviran antes, quizais porque seren estranxeiros dálles unha visión máis obxectiva, pero o feito é que os americanos déronse de conta, antes que os propios galegos, do fantástico dunha cultura enxebre, diferente, e do triste da súa perda. É por iso polo que Ruth Matilda Anderson retratou mediante as súas fotografías a Galicia dos anos 1924-26, esa Galicia tan diferente do que temos hoxe.
Para as persoas maiores que o viviron na súa infancia ou que o viron nos seus antepasados a exposición que se atopa agora en Ourense é unha forma de lembrar. Para nós, os mozos, os estudantes, unha forma de descubrir. Non será que non nos contaron veces anécdotas sobre esa antiga Galicia, pero velo en fotografías sempre fai que centremos máis a nosa atención, que pareza máis real e próximo. Nesta situación, máis ca nunca, pódese dicir que "unha imaxe vale máis ca mil palabras".
A calidade e forza das fotografías, que, como ben nos explicaron, están feitas non para resaltar a pobreza dos improvisados modelos, senón a dignidade destes e a complexidade dunha sociedade chea de prexuízos e xa rota pola emigración, transportáronnos ós anos nos que foron tomadas. Os costumes, o traballo, as festas, a roupa, as cidades... Todo queda inmortalizado, que non morto, coa decidida cámara desa muller. Todo e nada era novo para nós. Como xa dixen, poucas cousas había que non oiramos sobre o pasado de Galicia, pero tamén eran poucas aquelas ás que prestaramos a atención suficiente, cando nolas contaban, para ser conscientes e ter unha idea clara, como a temos hoxe, do que significaban.
Sen dúbida, penso que as fotografias son unha forma moi doada e interesante de aprender sobre a nosa cultura.
Leticia Vázquez Bengoechea. 1º BAC A.
A exposición pareceume moi interesante, pois, a través das moitas fotografías que alí se atopan , podíase coñecer a vida en Galicia a principios do século XX.
Sorprendeume o gran traballo que debeu facer a fotógrafa para conseguir esa gran reportaxe. Son moitas as fotografías que fixo e, ademais, nesa época non había os medios que hai hoxe; aínda que a súa empresa tivese cartos, os medios de transporte daquel tempo eran moi primitivos.
Tamén me chamou a atención que fora a fotógrafa soa polos camiños de Galiza , rompendo así con todos os estereotipos de muller desa época e, sorprendendo, seguramente, a moitos e moitas galegas cando se cruzaban con ela.
Pablo Sanmamed Saiz. 1º BAC B
Na miña opinión, a visita á exposición foi unha especie de "viaxe" cara o pasado da historia de Galicia.
Ó longo de todo o percorrido obsérvase o contrastre entre a vida no mundo rural e a vida nas cidades, e moitos costumes e trazos culturais que para as novas xeracións resultan un pouco afastados, aínda que eu puiden recoñecer algúns obxectos e utensilios antigos.
O enfoque que lle deu a fotógrafa americana resultou bastante atractivo, e, en definitiva, pareceume unha boa iniciativa para coñecer mellor a vida de antes.
Olga Presas González. 1º BAC B.
Ó longo de todo o percorrido obsérvase o contrastre entre a vida no mundo rural e a vida nas cidades, e moitos costumes e trazos culturais que para as novas xeracións resultan un pouco afastados, aínda que eu puiden recoñecer algúns obxectos e utensilios antigos.
O enfoque que lle deu a fotógrafa americana resultou bastante atractivo, e, en definitiva, pareceume unha boa iniciativa para coñecer mellor a vida de antes.
Olga Presas González. 1º BAC B.
Tamén visitaron a exposición os alumnos de 4º ESO B. Lede as súas impresións:
David Nóvoa Paradela 4º ESO B.
Creo que valeu a pena acercarnos a vela. Son unhas fotografías moi curiosas, e penso que reflexan á perfección a sociedade da Galicia de principios do século XX. Os traballos do mundo rural, as roupas de festa, as paisaxes galegas…
A parte que máis me gustou foi a dos retratos dos nenos traballadores. Foi moi curioso o que nos dixo a guía de que nunca sorrían para as fotos, por iso me pareceu tan graciosa a do porco, aí si sorrín.
Outro dato que me abraiou foi que, para sacar a foto, a autora tivese que esperar tres minutos, e penso que é asombroso que as fotos saísen tan nítidas.
Recomendaríavos a todos que vos acercásedes a ver esta exposición e disfrutedes destas imaxes da Galicia antiga.
Eva Prieto Carballo 4º B
A exposición pareceume interesante. As fotografías reflexan moi ben a cultura galega daquel tempo. A agricultura e gandeiría, traballos predominantes de entón, a pobreza de amplos sectores sociais, o noso inferior desenvolvemento con respecto ao resto de España e Europa, tanto no aspecto económico como nas innovacións científicas (novas técnicas de cultivo, medios de transporte, etc) todo se pode observar nos distintos tipos de fotografias da autora.
Unha cousa que me sorprendeu foi a claridade e calidade das imaxes, que aínda que están feitas en branco e negro, presentan un gran detalle, como se estivesen feitas con cámaras de última xeración. As fotos que máis me gustaron foron as das prazas e rúas ourensás e ver as diferenzas que hai coa actualidade, como a roupa da xente, os medios de transporte: carros, burros, mulas; os edificios, etc.
David Nóvoa Paradela 4º ESO B.
Marina, se me dás permiso, vouche copiar a idea de introducir na mesma entrada os comentarios dos rapaces sobre estas experiencias. É unha forma moi interesante de enriquecer a crónica da actividade.
ResponderEliminarFelicidades pola iniciativa. Cada vez me parece máis interesante ter en conta "a outra mirada" ... en case todo.
Eu sempre pensei que a mirada dos alumnos conta moito. Os meus aínda non se acostumaron a facer comentarios, ou non queren facelos. Temos que animalos.
ResponderEliminarTes permiso para todo , xa o sabes.