11.2.12

ARMA DOS PACÍFICOS

Alumnos de 3º de ESO e de 1º de BAC participastes no concurso de relato breve inspirado en tres modelos de máqiuna de escribir, convocado pola Cidade da Cultura.

Agora xa se saben os resulatados; temos que darlle os parabéns a Leticia Vázquez Bengoechea, alumna de 1º BAC A, por conseguir o primeiro premio da categoría xuvenil con "Arma dos pacíficos". Na páxina da Cidade da Cultura figuran todos os gañadores. Os que participastes, aínda que non levásedes premio, sodes gañadores, seguro que o pasastes ben escribindo os vosos relatos.

Se queredes ler o relato de Leticia, podedes facelo. Ata creo que ides estar de acordo coa actitude da máquina.

Vede tamén as fotografías que fixeron Roi, de 3º de ESO, e Soedade cando alumnos e profesoras do Instituto visitaron a Cidade da Cultura e viron a exposición "Typewriter".




No hay comentarios:

Publicar un comentario