Neste ano no que se conmemora o centenario do nacemento de Celso Emilio e o cincuentenario da publicación de Longa noite de pedra, imos traballar con poemas do autor.
Os traballos van estar dirixidos por profesores de Plástica, de Tecnoloxía e de Lingua Galega e Literatura, pero os alumnos seredes os verdadeiros artífices,"os mariñeiros, labregos do lingoaxe". Recitaredes poemas, musicarédelos, tranformarédelos, faredes talleres de escritura, carteis...
Agardade instrucións, e a traballar!
Antes de comezar cos poemas, debemos coñecer a Celso Emilio. Temos información suficiente na BVG e na Fundación Celso Emilio; creo que Son de poetas tamén nos pode axudar moito, o mesmo ca a Galipedia.
Preparámosvos esta selección de poemas para facilitarvos un pouco o traballo, pero se queredes utilizar outros que non figuren nesta pequena antoloxía, xa sabedes que podedes facelo. Grazas a todos os que foron poñendo poemas na rede; nós copiamos, peo tamén aportamos novidades.
Vede estes carteis dixitais, un bibliográfico e outro de escolma poética. Descubrinos en Caderno de Lingua.
Máis información e moitas poesías musicadas en nonqueremossermorcegos
Máis información e moitas poesías musicadas en nonqueremossermorcegos
Vía un twit the Manuel Bragado, din con esta ligazón que igual vos pode interesar para o tema de Celso Emilio, http://celsoemilioferreiro.org/2012/02/poemas-vertidos-ao-ingles-a-cargo-de-jason-preater/
ResponderEliminarGrazas,Ana.
ResponderEliminar