14.5.12

"DEREK, O BARDO" NO V PREMIO LITERARIO ESCOLAR NOVACAIXAGALICIA


Alumnas de 1º BAC e alumnos e alumnas de 1º de ESO presentastes os vosos traballos ó V PREMIO LITERARIO ESCOLAR NOVACAIXAGALICIA. Xa soubemos a semana pasada os resultados. 

Nesta ocasión temos que darlle os parabéns a Daniel Alonso Lorenzo de 1º ESO A porque conseguiu o premio outorgado ó 1º Ciclo da ESO .

Lede o inicio do seu traballo: 

DEREK,O BARDO
 

Cando os elfos marcharon da Terra deixaron o don da música, o seu legado máis belo e importante, a un mozo chamado Derek. Dise que Derek, anos despois, converteuse no primeiro bardo. Eu aquí vouvos contar como Derek chegou a recibir tan fermoso agasallo.



Se o ledes completo saberedes se Derek quixo transmitir o don ou se quedou con el. Aínda andarán os elfos por Sandiás? Terán nesas terras o seu acubillo?

Derek recibiu un agasallo e a Daniel pasoulle o mesmo. Os meus parabéns, Daniel.

Información sobre o premio en Caderno da crítica, blog do crítico literario Ramón Nicolás, menbro do xurado.

Máis información e outra noticia sobre todos os premiados no concurso. 


2 comentarios:

  1. Que riqueza narrativa para un mozo tan novo! Non será el tamén algo elfo?

    ResponderEliminar
  2. É un bo lector, moi traballador e moi perfeccionista. Creo que de aí lle veñen os seus poderes.

    ResponderEliminar