Onte xuntámonos uns cantos profesores invitados por un compañeiro. Ambiente de bodega do Ribeiro, atención esmerada, comida e bebida exquisita e moita conversa. Falamos de viños e bodegas, do ensino, de teatro, de poesía e poetas da cidade...
Nun momento da conversa parámonos a falar de Víctor Campio e dos seus sonetos, ata lles contei ós que estaban ó meu lado que me regalara e me dedicara na rúa o libro O aire, a luz e o canto. Como llo agradezo!
Como, cando chegamos á aldea, algúns do grupo quixemos ver un penedo que estaba no medio das casas e que mesmo formaba parte da que lindaba con el, a min, veume á cabeza o poema PEDRA de Víctor Campio Pereira.
Sobran os cables e a farola pero así estaba.
Sobran os cables e a farola pero así estaba.
Lede o poema:
PEDRA
Ser unha pedra vella
na rilleira dos tempos espetada!
Ergueita pedra dos picoutos
namorada do vento!
Non ser pedra de chouza,
de valado,
de estrema
nin sequera reloxo de sol
nin voltexada pedra de muíño.
Pedra dos montes,
espida,
sen latexos de home no seu cerne,
sen adoridos pálpitos
de tolo corazón que me arrepíe.
Pedra namais que non cobice o corvo,
o home
que a aldraxe.
Pedra de pozo non,
nin de menhir,
nin campa,
nin machada de seixo.
Pedra.
Laxe nas corgas de auga nídia.
Pendo ergueito ó pé do río.
Pedra de serra,
de cumios,
ceibe da ollada dos canteiros.
Rocha para rotas,
para marcar no vento singraduras.
Faro
do vento montesío.
Pedra.
de estrema
nin sequera reloxo de sol
nin voltexada pedra de muíño.
Pedra dos montes,
espida,
sen latexos de home no seu cerne,
sen adoridos pálpitos
de tolo corazón que me arrepíe.
Pedra namais que non cobice o corvo,
o home
que a aldraxe.
Pedra de pozo non,
nin de menhir,
nin campa,
nin machada de seixo.
Pedra.
Laxe nas corgas de auga nídia.
Pendo ergueito ó pé do río.
Pedra de serra,
de cumios,
ceibe da ollada dos canteiros.
Rocha para rotas,
para marcar no vento singraduras.
Faro
do vento montesío.
Pedra.
O aire, a luz e o canto
Vede algunhas pedras máis. Esta primeira é un anaquiño do penedo de antes. Non representará a un humano petrificado ante tanta beleza?
E esta non vos fai pensar nunha tartaruga?
Non sabedes como me custa renunciar agora a esas xuntanzas!
ResponderEliminarRenuncias por unha boa causa. O tempo corre e logo has poder incorporarte.
ResponderEliminar