20.5.12

HOMENAXE A CELSO EMILIO

O Departamento de Lingua Galega e Literatura en colaboración cos Departamentos de Tecnoloxía e Plástica estivemos traballando a vida e a obra de Celso Emilio. Se entrades no blog Ticsblanco e en Plástica visual, podedes lembrar os traballos que xa se publicaron. En Marés a deshora podedes ler centóns que son o resultado de unir versos de distintos poemas de Celso Emilio.

Pronto poderedes ver o álbum de fotos dos carteis que elaborastes e que están expostos no corredor da primeira planta.

Hoxe quero que coñezades o traballo que preparou Soedade. 





Fixádevos nas imaxes e descubride un signo +, un interrogante, un asterisco, un sinal de cor verde; se premedes neses sinais, podedes ler anaquiños de poesías de Celso Emilio. O autor vaise definindo, e vós tedes que facer o mesmo.

 E ti quen es? Ecríbeo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario