O Cemitero de San Francisco de Ourense é lugar de repouso de ilustres literatos. Se vedes o vídeo comprobarédelo.
Avelina
e mais eu fotagrafamos as tumbas de Eduardo Blanco Amor, Otero Pedrayo,
José Ángel Valente, Xosé Ramón Fernández Oxea, "Ben Cho Sey", Valentín
Lamas Carvajal, Xavier Prado Lameiro, Xoaquín Lorenzo Fernández, "O
Xocas", Florentino López Alonso Cuevillas, Luís A. V. Trabazo, Pura
Vázquez, Dora Vázquez e Antón Tovar, que son as que podedes ver neste vídeo que montou Avelina.
Se vos animades a visitar o cemiterio, pode servirvos este plano:
Se vos animades a visitar o cemiterio, pode servirvos este plano:
No folleto do cemiterio, do que se sacou o plano, podemos ler: "O
romántico cemiterio de San Francisco cativou ós poetas e escritores
pola súa localización sobre a cidade nas abas dun monte de alegre e
fermoso nome, pola súa luz permanente do amencer ó solpor e o arrecendo
dos seus loureiros e alciprestes, pero tamén pola fermosura dos seus
cruceiros e recunchos, beleza das súas esculturas e lugar de repouso de
artistas e persoeiros amigos. Incluso o máis famoso dos grupos de rock
de Ourense -Los Suaves- lle dedicou en 1992 un CD titulado San Francisco express".
Resultaravos de moita utilidade a lectura da letra da Canción que Os suaves titularon hotel.
Se querdes escoitar San Francisco express tamén podedes facelo.
Ramón Otero Pedrayo vía así o cemiterio:
“Ourense, leda noite, gostoso
labio do froito do vivir, ergue o
eido santo dos Mortos por enriba
dos eidos e sucalcos dos viventes.
En ningures recenden con semellante
forza e ledal cariza os buxos
e os alciprestes como na asoellada
encosta de Montealegre, onde
as cobas acollen o sol da mañán
dinantes do que a torre e coroa
da Catedral”.
Ramón Otero Pedrayo, 1957.
Algúns poetas soterrados neste cemiterio trataron nos seus poemas o tema da morte ou fixeron pregarias a Deus para conseguir o acougo. Lede os poemas de Antón Tovar, José Ángel Valente e Pura Vázquez :
Cando eu morrer
e ti ficares soíña,
a beira do meu cadaleito
de perpetuo xubilado
das alegrías todas
que me roubaron
cando eu estaba ergueito
baixo o sol,
cando eu morrer
rolen as túas bágoas
polas túas meixelas
e polos teus labios
que zuguei de vivo
nas noites esquecidas.
Chora por min e cala,
e logo de chorares en silencio
reza as túas oracións
de viúva crente
que xa non necesito
Olla as capelas
dos meus ollos pechos
tranquilos na escuridade
da morte na que son feliz
Toda a miña vida
non foi máis ca un desexo
de descansar a feito,
de descender fondo na terra
Cando eu morrer
e ti ficares soíña
sen a miña compaña, compañeira
as de ollarme unha noite
apoiado na xamba nupcial
como tes ollado
a outros mortos tan queridos.
E eu estarei cabo de ti
coas miñas maos
como unha cunca
para recolle-las túas bágoas inocentes.
Berros en voz baixa. Antón Tovar. Poesía en
galego II (1980-2001). Edicións Arte de Trobar.
Fragmentos sin nombre
¿Cuál fue la hora que esperamos tanto,
que vino al fin y no reconocimos
y se nos dio para soñar el sueño
que nunca nos había visitado?
Interior con figuras. (1972-1976). José Ángel
Valente. Noventa y nueve poemas. Alianza Editorial.
O desacougo.
[…]
Ai, escóitame, Deus, óime esta prega,
crébame esta cadea que é martirio,
e devólveme a anterga mansedume,
a raíz da calor que me afincaba,
trállame o sangue e tórnamo mansío
onde quedarme.
Apágame estas firgoas
que me xurden estrelas arroutadas
polas lonxanas roitas devecidas,
e dame para sempre ese camiño
que leva ate o recanto máis seguro.
Dame acougo, Señor, para apousarme.
Dame acougo, Señor.
O desacougo. Pura Vazquez. Editorial Salnés. 1971
Máis información e un vídeo do Cemiterio no BLOG DE KARKALLÓN.
Máis información e un vídeo do Cemiterio no BLOG DE KARKALLÓN.
Menudo traballo máis interesante!! Noraboa, Marina, para ti e Avelina. Terei que pasar un día polo cemiterio. Vai ser que temos nós aquí un pequeno Père-Lachaise!!
ResponderEliminarE dime, o plano dano alí ou en turismo/Concello?
Outra cousa, permítesme que outro día enlace esa entrada no noso blogue? Grazas de antemán!!
Grazas, Begoña. Gustounos facer este traballo; foi como unha continuación doutros que denominamos rueiros literarios. Xa publicamos algo e continuaremos proximamente.
ResponderEliminarEste noso Cemiterio vale a pena visitalo; nós parámonos nos literatos pero é moito máis ca iso.
O plano déronnolo no Cemiterio pero, ó mellor, tamén o teñen no Concello.
Todos os traballos que eu fago son de todos os que os queiran usar. Podes enlazalo cando queiras.