Podemos ler algúns poemas da obra Os ángulos da brasa de Manuel Álvarez Torneiro, autor galego ó que se lle acaba de conceder O Premio Nacional de Poesía, para ilo coñecendo mellor.
Déixovos aquí un poema tomado da BVG
Neste momento existo simplemente
Neste momento existo simplemente.
Simplemente respiro, ollo a árbore.
Sobrenado na calma do crepúsculo,
pronuncio este silencio, oio o profundo
corazón que non late por un intre.
Non hai unha aventura que me agarde.
Non hai can que me ladre dende un soño.
Unha man sobre a outra. O corpo como lonxe...
Habítame unha inmóbil aspiración a nada,
unha absorción de agosto.
Florezo no abandono.
Case non sei de min si pecho os ollos.
Déixovos aquí un poema tomado da BVG
Neste momento existo simplemente
Neste momento existo simplemente.
Simplemente respiro, ollo a árbore.
Sobrenado na calma do crepúsculo,
pronuncio este silencio, oio o profundo
corazón que non late por un intre.
Non hai unha aventura que me agarde.
Non hai can que me ladre dende un soño.
Unha man sobre a outra. O corpo como lonxe...
Habítame unha inmóbil aspiración a nada,
unha absorción de agosto.
Florezo no abandono.
Case non sei de min si pecho os ollos.
Soberbio verso: "Florezo no abandono..." ;paréceme xenial. Tamén o que di: "Habítame unha inmóbil aspiración a nada,..." Resulta moi interesante a filosofía que late neles, o goce do simple existir, ...
ResponderEliminarFelicidades Manuel Torneiro e grazas Marina por dárnolo a coñecer.
Avelina
Comparto o que dis. A min tamén me chamou a atención este poema e por iso o seleccionei. Grazas a ti.
ResponderEliminar