10.10.13

MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO. PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2013





Podemos ler algúns poemas da obra Os ángulos da brasa de Manuel Álvarez Torneiro, autor galego ó que se lle acaba de conceder O Premio Nacional de Poesía, para ilo coñecendo mellor.

Déixovos aquí un poema tomado da BVG 

Neste momento existo simplemente
 

Neste momento existo simplemente.
Simplemente respiro, ollo a árbore.
Sobrenado na calma do crepúsculo,
pronuncio este silencio, oio o profundo
corazón que non late por un intre.

Non hai unha aventura que me agarde.
Non hai can que me ladre dende un soño.
Unha man sobre a outra. O corpo como lonxe...

Habítame unha inmóbil aspiración a nada,
unha absorción de agosto.
Florezo no abandono.

Case non sei de min si pecho os ollos.




2 comentarios:

  1. Soberbio verso: "Florezo no abandono..." ;paréceme xenial. Tamén o que di: "Habítame unha inmóbil aspiración a nada,..." Resulta moi interesante a filosofía que late neles, o goce do simple existir, ...
    Felicidades Manuel Torneiro e grazas Marina por dárnolo a coñecer.
    Avelina

    ResponderEliminar
  2. Comparto o que dis. A min tamén me chamou a atención este poema e por iso o seleccionei. Grazas a ti.

    ResponderEliminar