29.10.14

FERRAMENTAS DE CARPINTEIRO


O agasallo de hai uns días fíxome lembrar uns debuxos de ferramentas de carpinteiro que foron feitos por un mozo novo en agosto do 97. Poñerlle a data ás cousas que se fan, pode servir de moito.

Daquela, o carpinteiro foi dicíndolle ó debuxante os nomes e a utilidade das ferramentas, dalgunhas ata lle explicaba onde as mercara ou quen llas regalara. Este traballo hoxe non podería facerse. 


Mirando os debuxos creo que podemos saber como se chama esta ferramenta .

Esta entrada non lles vai interesar nadiña de nada ós meus alumnos; se se animasen a falar coas persoas maiores para que lles explicasen o que saben, canto aprenderían!

Deixo aquí os debuxos:






Grazas, Luís, polo seu legado.

3 comentarios:

  1. Con ferramentas coma as do debuxo pasei xogando moitas tardes de verán da miña infancia mentras todos durmían a siesta... Aínda gardaba segredos o banco de carpinteiro do avó Eduardo... Parabéns, Marina, por esta deliciosa entrada!!!

    ResponderEliminar
  2. Eu non podía xogar con elas, non eran miñas. As ferramentas estaban sempre nas mans do carpinteiro que traballaba fóra, ó xornal. Aínda lembro cando saía con elas ó lombo en dirección ós lugares nos que lle encargaban traballos: bancos, mesas, portas, ventás, carros, cubas ... Andando o tempo xa as levaba na moto ou no coche, menos mal!
    Grazas, Avelina.

    ResponderEliminar