8.1.16

A LINGUA GALEGA, ESCONDIDA

"As cousas boas sempre estarán aí". Isto que lemos nos cartón de leite Larsa é unha boa verdade pero o que cómpre é que a lingua galega se faga visible e non se esconda.

Cando vin a lingua galega neses cartóns, contenteime; cando vin que algunhas frases tiñan erros, entristecinme. Hoxe, no super, entristecinme máis. Se vos son sincera, enfadeime.



Non falta un artigo diante do posesivo?

Enfadeime porque,  nos paquetes, o galego non se ve por ningunha das dúas caras. E eu, de ilusa, dándolle a volta a varios paquetes! A lingua galega, coma sempre, hai que escondela. Así nos vai!



Teño que seguir observando. Ó mellor non é así sempre e eu estoume precipitando. Oxalá me equivoque!
Mirade vós e decídeme. Catro ollos ven máis ca dous! E se son varios, aínda mellor.

1 comentario:

  1. Deixoume A Profa un comentario na entada "Curiosidades.Chile campá" e fai referencia a esta. Di o seguinte: "Vexo que andaches a voltas co leite de Larsa. Na casa pensabamos que estaban todos en galego pero a conto do teu comentario comprobamos que o que tiñamos na neveira estaba todo en galego pero na caixa que temos sen comezar veñen todos en castelán, deduzo que daquela farán unhas partidas en galego e outras en castelán".

    Todas os cartóns que vin eu están en galego por un lado e en castelán por outro. Pero nos paquetes de seis sempre etá o castelán por fóra.

    ResponderEliminar