2.3.17

XA PASARON SEIS ANOS.


Seis anos! Son moitos! Cando comecei este blog, non imaxinaba que puidese ter tanta vida. Cando deixei as clases, pensei que iría esmorecendo ata morrer e, sobre todo, sabendo que agora os blogs non están moito de moda, pero aquí seguimos.   

É certo que agora as publicacións son poucas pero as visitas seguen sendo moitas. Grazas a todos os que transitastes por este Camiño longo. 

Outra vez flores coma nos aniversarios anteriores. Hoxe tocoulle ás azaleas da miña ventá. Así están no momento da publicación desta entrada.



6 comentarios:

  1. Parabéns, tamén polo aniversario.

    ResponderEliminar
  2. Que bonitas están as túas flores. Moitos parabéns por esta traxectoria e moito ánimo para seguir no bo traballo que estás a facer neste blog. Bks.

    ResponderEliminar
  3. http://aprofa.gal/2017/03/06/camino-longo-6-anos-ensinando-parabens/

    ResponderEliminar
  4. Non vos imaxinades canto animan os comentarios! Saber que xente do ensino te segue a ler e valora o teu traballo dáche azos para seguir.
    Moitas grazas,Pilar.

    ResponderEliminar
  5. Pilar,publiquei o comentario anterior antes de ver que recomendabas Camiño Longo na túa páxina. Grazas polas túas palabras e por compartilo.

    ResponderEliminar