4.2.12

IN VINIO VERITAS. FANCISCO CASTRO.

In vino veritas de Fancisco Castro foi unha das miñas lecturas do nadal. Novela de adultos, moi crítica, " furiosa", segundo o autor.

Podedes ler algunhas páxinas nesta ligazón.

Ó lela completa, coñeceredes a Carolina Vilabranca, a Lois Durán, a Marta Ruíz, a Josefa, a un detective moi especial, Xulio Míguez...; cheiraredes e saborearedes viño, ata hai algún con veleno! Reflexionaredes sobre a televisión, os "famosos" e os espectadores de determinados programas; tamén visitaredes un pazo cun cuarto de invitados sorprendente e cunha bodega na que se agochan segredos importantes.


Sadomasoquismo tamén hai mioto, e mortes! Pero sobre todo hai unha forma de escribir que sorprende e atrae.

O autor no seu artigo "contra a telemerda" explícanos as súas intencións: 

Daquela, cando escribín In Vino Veritas, buscaba falar de tres cousas:

1.- Quería facer unha novela sobre o amor levado á súa peor versión: o amor como dependencia, o amor entendido como algo tóxico cando a entrega é toda e a correspondencia nula.

2.- Quería escribir unha novela policial que fose parodia das novelas policiais.

3.- Quería denunciar o telelixo. O que na novela chamo telemerda ou prensa porca.

Podedes consultar o artigo de Francisco Martínez Bouzas e outro en "Libros , cine y televisión", este segundo está en castelán. Todo o que eu podería dicir, e moito  máis e mellor dito, está aí.

E agora unha curiosidade: sorprendeume o uso das  parénteses no libro. Lembroume a un coñecido meu que usa comas e comas, sempre comas!

4 comentarios:

  1. Encantoume o das comas, jajajaja. Teño ganas de a ler, pero hai moito que facer antes.

    ResponderEliminar
  2. Non me estraña que che chamase a atención o das comas porque, cando Juan se nos adianta na lectura dos libros, vémolas e padecémolas.
    A novela de Francisco Castro, que é o que importa, hache de gustar.

    ResponderEliminar
  3. Moitísimas grazas por esta reseña! Moi agradecido.

    ResponderEliminar
  4. Grazas a ti, Francisco, por escribir para nós.

    Cando rematei a lectura desta novela tiven a sensación de que era unha novela crúa, amarga, que ata me fixera sufrir nalgún momento, pero iso non significa que non disfrutase con ela.
    Lembro agora que Antón Riveiro Coello nos dixo o venres que a literatura tamén fai sufrir. Que razón ten! Explicounos que el, despois de escribir Laura no deserto, era outro, que se sentía como un sobrevivente dos campos de concentración.

    ResponderEliminar