10.3.12

A LINGUA GALEGA ESCRITA VISTA DESDE AS RÚAS DE OURENSE


Algúns alumnos de 1º de ESO A e C pasearon polas rúas de Ourense "en busca da lingua galega escrita",e atopárona. Fixeron moitas fotografías, traballos escritos  e algúnhas presentacións, que fomos vendo nas clases.

Vede o que pensa Uxía López Mangana de 1º C sobre o tema:

A preseza do galego escrito paseando pola cidade:

O galego non está con nós, témolo que buscar, pero, se nos fixamos, nalgún recunchiño de Ourense aínda o podemos atopar.

Na nosa pequena cidade o galego escrito está moi escondido. É coma se tivese medo de saír. Paseando tranquilamente polas rúas, parece que non hai textos en galego, pero, se nos fixamos ben, podemos atopalos; non moitos, pero algúns si. A maioría son os nomes das rúas e algúns carteis. Case todas as tendas teñen o seu nome en castelán ou en inglés pero hai algunhas en galego. Os organismos oficiais, autobuses, bancos... teñen carteis ou publicidade en galego.

Aquí tedes o traballo de Nuria Fernández de 1º ESO A. Se premedes no título e, logo, en pantalla completa, podedes velo mellor :



Chamounos a atención o feito de que nalgúns negocios  se utilizase a lingua galega para designalos e, tamén, para anunciar os seus produtos. Iniciativas persoais deste tipo son como granciños de area que contribúen a que a nosa lingua se faga visible, a que se vaia normalizando pouquiño a pouco. "Hai que facer visible a lingua, que o mundo saiba que temos un idioma de poetas, de labregos e de calquera que a queira facer súa". Son palabras de Pedro Rielo.

 Vede algunhas mostras:









E, agora, unha curiosidade. Nunca me imaxinara que podería encontrar un cartel de Miguel Anxo Prado co Himno galego , a letra pertence ó poema "Os pinos" de Pondal, cubrindo unha ventá; como non lles chegaba un, utilizaron dous. Mirade as datas que se ven no cartel: 1907-2007. Cumpríase o centenario do Himno.




 
Lede o poema "Os pinos" de Pondal e escoitade as distintas versións musicadas do mesmo. Na primmeira estrofa aparece o substantivo ARUME, que é o nome da docería que vedes na fotografía; buscade o significado desa palabra e os sinónimos da mesma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario