31.10.15

CURIOSIDADES. CHILE CAMPÁ?






Agora que non teño alumnos xa podo introducir este tipo de entradas que non teñen nada que ver co ensino. Aínda que de todo se aprende.

Regaláronme estes pementos que vedes na fotografía. Nunca tal cousa vira! Non sabía que existían. Despois de buscar imaxes de pementos, foime fácil dar con eles. Paréceme que son "chile campá"

Vou gardar as sementes e supoño que as quererán sementar as miñas compañeiras. Haberaas para facer a sementeira naquel espazo que tanto visitei nos anos que pasei no instituto.

Estes pementos son picantes pero, aínda que non se coman se non gusta ese sabor, eu creo que van adornar a horta.

3 comentarios:

  1. Ola Marina, quería felicitarte por este blog e gustaríame saber o teu nome para referencialo correctamente na miña páxina. Moitísimas grazas.
    E máis parabéns por non cerrar coa xubilación,

    ResponderEliminar
  2. Que honra que me felicite A profa! Para min sempre foi un blog de referencia. Moitas grazas, Pilar.
    O meu nome é Marina e os apelidos Iglesias Iglesias.
    Mentres poida, seguirei neste Camiño. A xubilación non debera ser un impedimento para poder seguir traballando fóra das clases.

    ResponderEliminar
  3. Ola Marina, desculpa polo despiste, vin o teu comentario dende o móbil e nunca máis me acordei. Estou pensando seriamente en deixar de ver certos contidos dende o móbil porque estás en calquera sitio e logo non gardas algo que che interesa, ou como foi este caso, non agradeces unha resposta.
    A honra é para min, dar cun blog que che encanta e que ademais a autora te coñeza!
    Co teu permiso, referenciarei o teu Camiño longo no “Para min e para ti”.
    Vexo que andaches a voltas co leite de Larsa. Na casa pensabamos que estaban todos en galego pero a conto do teu comentario comprobamos que o que tiñamos na neveira estaba todo en galego pero na caixa que temos sen comezar veñen todos en castelán, deduzo que daquela farán unhas partidas en galego e outras en castelán.
    Envíoche o enlace ás fotos do meu cartón en galego como proba:
    https://www.dropbox.com/sh/h0smecyucudig37/AAAZMTxUOWNEnc2s6vwshh3Ta?dl=0
    Eu tamén sentín a perda de Fernández Ferreiro, tivemos uns anos de relación persoal na Coruña e impresionoume a súa morte. Vaia luxo de mesa compartiches neses Xerais! Que envexa!
    Grazas polos materiais de Neira Vilas.
    Das fotos que publicaches do outono encántame a última, a primeira da ponte tamén está moi ben, pero a outra é marabillosa vista en grande, lembroume a Otero Pedrayo.
    Gustaríame que este camiño longo andase abondo que prestan moito estas camiñadas por el.
    Saúdos e apertas.

    ResponderEliminar