22.12.11

CONVOCATORIA SINGULAR.

Todos os alumnos do Instituto fostes convocados por C.A.I.A.B.A. a unha xuntanza que, o día 21 de decembro, se fixo no primeiro recreo e no patio principal.

A convocatoria fíxose mediante carteis distribuídos polo Instituto e a través das redes sociais. Pedíase que os alumnos acudisen provistos dun gorriño de Papá Noel; foron moitos os que acudiron á xuntanza:



Fotografías de Leticia Vázquez . 1º BAC. A.

O que me sorprendeu foi que houbese tanta  participación. Eu non sabía quen se escondía baixo as siglas que figuraban na convocatoria, nin con que intención se facía . Foi un segredo ben gardado.

Agora xa sei que era o Centro Avanzado de Investigación Antropolóxica Blanco Amor o que estaba facendo a investigación (o profesor de antropoloxía e os seus alumnos de 1º BAC). Hannos explicar os resultados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario