Mostrando entradas con la etiqueta Héctor Carré. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Héctor Carré. Mostrar todas las entradas

24.4.13

TERTULIAS LITERARIAS. FEBRE DE HÉCTOR CARRÉ

O día 16 asistimos á segunda tertulia organizada pola Concellería de Educación de Ourense. Alumnos e profesoras do IES Ferro Couselo, do IES Otero Pedrayo e do IES Blanco Amor falamos de Febre, de Héctor Carré.




Abordamos, entre outros,  temas como as relacións entre pais e fillos, a corrupción, a discriminación sexual, a rebeldía que ás veces non dá os resultados agardados, actitudes paralelas vividas en tempos distintos...Vede o traballo de Paloma L. R., publicado na Wiki das catro esquinas do Quinto.

Déixovos este álbum no que vos podedes ver antes de entrar á tertulia e, xa dentro, no Salón do Liceo, dispostos a dialogar. Tamén podedes ver o autor.




O día 17 tivemos a oportunidade de escoitar a Héctor Carré. Falounos da súa faceta de escritor e de guionista e explicounos tamén, respondendo a unha pregunta do público, cal é a súa visión sobre a situación do audiovisual galego nestes tempos de crise.

20.2.13

HÉCTOR CARRÉ. FEBRE. TERTULIAS NO LICEO


Xa se celebraron as Tertulias Literarias en castelán. Agora hai que ir comezando a lectura de Febre de Héctor Carré. Desa obra falaremos no Liceo o 16 ou o 17 de abril.

Todos os que ides participar nas tertulias xa tedes nas vosas mans o libro, un agasallo da Consellería de Educación.

Vede esta vídeopresentación de Febre:





Hai moitas cousas escritas sobre a novela. Déixovos aquí a recompilación de Revolta da freixa: