Mostrando entradas con la etiqueta Fantasmas de luz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fantasmas de luz. Mostrar todas las entradas

10.1.12

FANTASMAS DE LUZ. AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ




Agustín Fernández Paz fálanos da súa novela Fantasmas de luz neste vídeo de Martín Pawley:   

Eu falei do "día" que chegaba para moitos personaxes da novela Non hai noite tan longa. Agora Agustín Fernández Paz fálanos, e eu compártoo, dun final tamén esperanzador para os protagonistas desta obra, Damián e Marga. A invisibilidade destes personaxes deixará de ser tal porque un mundo mellor e máis xusto quizais se poida conseguir?  

Se ledes a novela, ademais de disfrutar con ela, ides aprender moito de cine porque tamén este é protagonista.  O autor fala no vídeo de cincuenta e dúas fichas de cine, na terceira parte da novela, eu creo que son sesenta e dúas. Contade, puiden equivocarme. Nelas, ademais do cartel, aparece o ano, a dirección, o guíón, os intérpretes e unha sinopse das mesmas. 

Vouvos deixar dous anaquiños da novela. Este primeiro pode ter algo que ver co título. 

" Para Damián as películas constituían sempre unha lección de vida , como o debían ser para outros as clases da universidade, ás que nunca puido asistir. O cine convertérase na súa universidade íntima, o lugar onde as grandes paixóns da vida e os amores arrebatados podían existir. Rir, chorar emocionarse ou encherse de carraxe; ningún sentimento humano quedaba sen asomar desde a pantalla, ningún deles lle era alleo. En certo xeito, pensaba, máis que aceptar a homenaxe, o que tería que facer era dar as grazas; agradecer que puidese pasar o mellor da súa vida na compaña daqueles homes e mulleres, daqueles fantasmas de luz que día tras día, cobraban vida na escuridade da sala." (Páxina 32)  

O segundo está no apartado dos agradecementos, ó final da novela, e aporta algún dato que non aparece no vídeo:

Aínda que o tema central de Fantasmas de luz, máis duro e máis actual cada día que pasa, é o paro e a exclusión social, foi un gozo acompañar a Damián no seu percorrido polas películas que o marcaron , que só en parte coinciden coas miñas. Os dous poderiamos cantar con Luis Eduardo Aute ( " cine, cine, cine / más cine por favor" ) ou asinar as palabras luminosas de Jean Luc Godard: "A fotografía é verdade. E o cine é verdade vinte e catro veces por segundo."  (Páxina 185)

Podedes escoitar a canción de Aute acompañada de imaxes da película Os catrocentos golpes, de François Truffaut,  que tamén aparece na novela .