Mostrando entradas con la etiqueta Día mundial da poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día mundial da poesía. Mostrar todas las entradas

22.3.15

DÍA DA POESÍA


A  miña intención era facer unha entrada diferente, xa estaba medio preparada pero sempre hai obstáculos- un demo nunha comedia, di miña nai- que che impiden facer o que queres. Vaia logo este traballo que nos pode ser de moita utilidade para celebrar, aínda que sexa con retraso, O Día da Poesía.



Vía O blogue de Carlos Callón.

22.3.13

POESÍA NOS CORREDORES. DÍA DA POESÍA 20013


Se non puidestes ver os poemas que alumnos de distintos cursos deixaron para vós nos corredores do Instituto, aínda tedes oportunidade de poder velos. Lédeos con calma e facédeos vosos.


20.3.13

DÍA DA POESÍA


Mañá, algúns alumnos recitaredes poemas que foron seleccionados por vós mesmos ou por Pilar e Avelina. O recitado será na Biblioteca, no segundo recreo. Xa veriades este cartel en varios lugares do Istituto.

 
 
Podedes ler aquí varios poemas que se van recitar. O recreo é moi curto e por iso moitos non están completos. Tamén  poderedes escoitar poemas en castelán.

A directora da Unesco, Irina Bukova, nunha das súas declaracións, explícanos que "o descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos".

Por iso quero que descubrades, tamén, estes poemas que foron tomados da antoloxía poética de Fran Alonso, POETÍZATE. Se cadra xa os coñecedes.

Tríptico
 
A caricia é elevada
e elegante.
Baixa polo lombo suave,
crea espirais de pracer,
amplíase coa delicia do ar,
nútrese no fondo
e é marabillosa nas nádegas altas.
A caricia elabórase con múltiples pétalos,
con suavidades de nácara
con cóxegas lenes
e herbas silvestres de esporas docísimas.
A caricia é unha onda
de vento e de océano,
unha brisa que move as ondas do teu corpo
con elegancia altísima
e tenrura alba.

A caricia é eterna, movemento incansábel,
tepidez sincera que se pousa na pel
e se enreda co frescor da fonte inesgotábel."

LUCÍA NOVAS (1979), Epiderme

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único.


XELA ARIAS  (1962-2003), Diario a diario

Soa

Hoxe xanto soa
e as gotas pingan
no fregadeiro.

Hoxe non teño cartas
de ninguén que de
min se acorde.

Hoxe está gris
e os cans buscan
abrigo no limiar da casa.

Hoxe morro asolagada
no derradeiro sol de sete.

Hoxe os corvos son felices
porque a escuridade
enche Irlanda. 

ANTÍA OTERO (1982), O son da xordeira

Este poema de Antía Otero lémbrame o de Tecín soia a miña tea de Rosalía. 


18.3.12

O DÍA MUNDIAL DA POESÍA . POEMAS DE ALUMNOS DE 1º ESO



 Imaxe de Vigocultura.org


Hai varias entradas neste blog nas que se poden ler poemas de Tovar, de Víctor Campio, de Curros, de Rivas, de  Castelao, de Pimentel, de Cabanillas, de Celso Emilio… Hai tamén un mapa de poetas e un calaméo e uns vídeos con moita poesía acompañada de moita natureza, pero agora que se vai celebrar o Día mundial da Poesía, quero que os protagonistas sexades os alumnos de 1º ESO.

Vede os vosos traballiños. O libro de texto pedíavos que escribísedes un breve poema que tivese por tema a conservación da natureza ou que tratase da loita da xente do terceiro mundo para mellorar as súas condicións de vida. Estes foron algúns dos resultados:

Ouro…para os ricos.
Dereitos…para os ricos.
Alimento…para os ricos.
Auga…para os ricos.

Morte…para os pobres.
Deberes…para os pobres.
Desnutrición…para os pobres.
Deshidratación…para os pobres.

Agora, eu digo
Agora, eu penso
Agora, eu razoo
Agora pregúntome, por que?

Porque eles son peores?
Porque eles son raros?
Porque eles non os teñen?
Porque eles teñen que morrer?

Entón, eu anuncio
liberádevos, pobo.
Que se escoite un berro
alá no horizonte
que faga estremecer as pedras.

Que anuncie existencia,
que nada se vos opoña,
en vós reside o espírito,
agora, loitade, andade ergueitos.

Poema de Daniel Alonso Lorenzo 1º ESO A

Un rapaz do terceiro mundo que corre
vai por auga e vai ao cole
estuda e traballa e case non come
para cansado e  morre.

Un rapaz coma nós corre
vai por fanta e marcha ao cole
estuda e non traballa e sóbralle o que come
non está canso pero marcha e dorme.

Agora pensa e compara
no que ti tes
e o que a nai do rapaz sofre.

Poema de Xosé Bieito Molina 1º ESO C

O TERCEIRO MUNDO

As persoas do terceiro mundo
loitan por sobrevivir
porque eles queren rir,
beber, comer e sorrir.

Loitan por beber,
xa que co que sofren
moita sede han de ter.

 Loitan por comer,
porque non teñen nada.
Viríalles ben unha fada
para evitar desgrazas
como morrer a pedradas.

Teñen dereito a durmir
nunha casa decente,
amoblada, para poder rir,
e pacientemente vivir.

Defendamos e axudemos
aos indefensos necesitados,
non sexamos desalmados
nin tan apampados.

Miremos, miremos a ambos lados,
pero, sempre, sempre os encontramos.

 A NATUREZA

Se houbese máis natureza
estaría moito mellor,
xa que a natureza empeza
cando non hai calor.

Non hai que esquecer
que a natureza é importante
aínda que algúns
crean que só en parte.

Eu pido e nós pedimos
que a natureza non se perda,
aínda que moito resumimos
para que se entenda.

Todos debemos de colaborar
xa que a natureza haina que coidar,
temos que darlle de alimentar
e sempre a temos que regar,
moito cariño lle hemos de dar
porque a natureza nunca nos deixará de amar.

Poemas de Aarón González 1ºESO C


TERCEIRO MUNDO

Terras sen auga
guerras sen fin
fame no Corpo,
é o que nos din.

E o que nos din é certo,
aínda non querendo ver,
que  se nós imos mal,
aínda podemos comer.

Queixámonos de todo,
ata de traballar.
pero hai moitos nenos
sen poder estudar.


CONSERVACIÓN DA NATUREZA

Ceos limpos de malos fumes
e augas de gran beleza,
serán a única solución
para a nosa natureza.

Os nosos grandes bosques
debemos de protexer
para que os seus animais
poidan correr e correr.

Vivimos da nosa terra,
e se non a tratamos ben,
será co paso dos anos
que nos abandone tamén.

  Uxía López Mangana. 1º ESO C


A sección de literatura do Liceo de Ourense dedicará a xornada a Celso Emilio Ferreiro. A lectura dos poemas estará a cargo de alumnas e alumnos dos Institutos Otero Pedrayo, Celanova, A Carballeira, Carmelitas e Blanco Amor; compañeiros vosos de 1º e 2º BAC xa os están preparando. Asistide ó acto, comeza ás 17,00.