Mostrando entradas con la etiqueta Unha viaxe no tempo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Unha viaxe no tempo. Mostrar todas las entradas

20.9.11

UNHA VIAXE NO TEMPO

No curso 2010-2011 fixemos a exposición Poesía e Natureza pero, en anos anteriores, nos que non existía este blog, fixéronse outras.

Os que acabades de chegar ó instituto non as coñecedes, ireivos deixando enlaces para que vexades as que foi facendo o Departamento de lingua galega e literatura, coa axuda dos alumnos e do resto do persoal do centro. Ide pensando no que podemos traballar neste curso.

Vede a Exposición do curso 2008-2009. Déixovos aquí unha pequena mostra para que vos animedes.




Con eses mapas, enciclopedias e outros libros; con esas pizarras e pizarríns, plumas e tinteiros; con eses xoguetes e outro material que podedes ver na exposición, aprendemos e divertímonos noutros tempos. Ata faciamos labores! Agora todo é diferente.

Preguntádelles a pais e avós como era o ensino cando eles estudaron, e sinalade as diferenzas con respecto ó de hoxe, ó que vós coñecedes. Non vos limitedes a sinalalas, creade unha historia. A exposición tiña como título " Unha viaxe no tempo", que viaxe, tamén, a vosa imaxinación.