28.5.13

A VIAXE DAS FOTOS. CONCURSO LITERARIO "CONTOS DE NENOS PARA NENOS"


Por fin podo darlle os parabéns a un dos meus alumnos. Pensaba que xa non ía poder facelo neste curso.
Ricardo Pazos do Muíño de 1º de BAC B foi o gañador do primeiro premio da categoría B (13-16 anos) no concurso literario "Contos de nenos para nenos" da Agrupación Culrural O FACHO.

Parabéns, Ricardo! 

Déixovos un anaquiño. Se queredes ler o conto enteiro, podedes facelo.

...Ía tal calor que xa caían os paxariños fritidos e por se fose pouco non corría nin unha presa de aire. Ameazaba cunha intensa tronada. Conducía con moderación, non tiña présa por chegar, relaxado no asento emprendera a marcha cara a ningures. Máis que viaxar só, deixábase acompañar dunha fotografía a cor, en papel satinado na que aparecía unha moza de corpo enteiro, un pouco lixeira... lixeira de roupa como non podía ser doutra maneira. Sen dúbida, os deseñadores escolleran unha moza atractiva...
 
Buscádelle sentido a estas fotografías. Se ledes o conto, entenderédelo.




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario