18.11.13

ARROLOS


O dicionario da RAG define arrolo como "canto ou son para apazugar ou adormentar o neno". Na Wikipedia o arrolo, cantiga de berce ou anaina, aparece definido como unha canción relaxante de ritmo suave, empregado para facer durmir os nenos

Os alumnos de 1º ESO, cando recollestes manifestacións da literatura popular, conseguistes algúns. 

Eu hoxe quero deixar aquí dous para aquelas nais que teñan que adormentar unha pequerrechiña ou un pequerrechiño. Están tomados de Orella pendella


E, neniña, e

E, neniña, e,
zapato no pé.
Papá vai na vila
buscar o café.

E, neniña, e

E, neniña, e,
que che hei dar o té
e mais as papiñas
nun cacharolé.




Na miña casa consérvase esta:

E ru, e ru, e ru,
coa tranca no cu.
E dormen os nenos
e durmirás tu.

É moi semellante a estoutra que aparece na Orella pendella:

Arre ru, arre ru

Arre ru, arre ru,
cunha tranquiña no cu.
Morrerán os vellos todos
quedaremos eu e “tu”.

Que durman ben con estes arrolos, aqueles pequeniños e pequeniñas que os escoiten.

No hay comentarios:

Publicar un comentario