9.1.14

EFEMÉRIDES LITERARIAS 2014. XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


No blog de Ramón Nicolás podemos informarnos de cales son os escritores que van ocupar a actualidade cultural do 2014.

Cita en primeiro lugar a Xosé María Díaz Castro (Letras Galegas 2014) e a Eduardo Blanco Amor (35 aniversario da súa morte). A continuación infórmanos dos aniversarios doutras personalidades que merecerían atención.

Eu, en La Voz de Galicia do domingo, día 5 de xaneiro, lía que a Xunta e a Diputación de Ourense van promover actividades para recuperar a memoria de Frei Benito Xerónimo Feijoo, coincidindo coa celebración do 250 aniversario da súa morte (26 de setembro de 1764)




Xa nos vemos ideando traballos. Pensade, pensade... Xa hai que ir comezando.

Ide lendo este poema de Díaz Castro que vos ha gustar :

MONUMENTO Á AUSENCIA

¡LUS,
ceo rachado, lus!
Inda vexo a lus.
E despoilos galos,
e despoilos homes,
e despois todo val, ¡cáliz fervendo!

Naquela mañá feita para os ollos
de Deus, pra sempre froleceu a pudia,
cantaron as lavercas para sempre.
E eu perdinme antre os trigos ben perdido,
coas espigas por riba da cabeza,
no carreiro longuismo dos adeuses...

Adeus ó amigo que non tivo tempo
de me engañar, pra sempre xa querido.
Adeus á nena de ollos coma pregos
que será nena dentro de mil anos.
Adeus ás portas, xa pra sempre fieles;
adeus ós montes, todos urizados
de estrelas de ouro vivo para sempre;
adeus ás pedras, coma rosas xa;
adeus ás maus, quentiñas para sempre.

¡Que quente é agora o seo desta noite
chagado pola lus daquel mencer
que pra sempre se foi e non se vai!

 Nimbos. Editorial Galaxia. 2006.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario