21.2.14

ACTIVIDADES DÍA DO AMOR III


Máis traballos. E xa teremos que ir rematando.


Poderá nubrar o sol.
Poderá secar o mar.
Poderá murchar a flor. 
Pero nunca se ha de apagar 
a luz dos teus ollos 
que ilumina o meu corazón.

Lucía 1º ESO. B

Grazas, moitas grazas por todo ese tempo no que ti tanto me demostraches o teu amor.

Grazas polos teus sorrisos que alegran os días dunha maneira inexplicable. Tamén grazas polos teus abrazos cheos de tenrura, esa tenrura que se nota nos teus preciosos ollos aos que non me canso de mirar.

Grazas por estar ao meu carón e regalarme cada día un cachiño do teu corazón. 

Felíz Día do amor en Galicia.

Alexandra. 1º ESO C


Non te esquezo

O mundo dá voltas,
mais todo permanece no sitio.
O tempo pasa,
mais non calma esta desgraza.

Non cesan estas ganas
de esquecer os teus ollos,
o teu sorriso …
De esquecerte a ti.

Tiven que marchar,
quizais para sempre,
mais non penses
que deixei de quererte.

Aínda que esteamos lonxe
quérote,
quizais tanto como o primeiro día
Quizais incluso máis.

Lucía 1º BAC. D  



TOXO

O toxo sempre ten flores para quen desexa velas. Moitos só miran as espiñas que o cobren.

Meu toxiño, creaches unha coiraza para defenderte, e gañaches moi mala sona. Mais eu ben sei que ti só buscas un oco baixo o sol onde agardar que broten as flores. Tempos mellores agardan. Agora é tempo de loita, é o tempo da espiña. Hai que asegurar que non quedará inimigo cando o pétalo amarelo saia. Garantir o florecemento é o obxectivo.

O toxo pica, mais tamén nos oferta beleza. A que ninguén se demorou a observar a súa viva cor? O toxo é un incomprendido. O único florido no monte e o que todos queren evitar no seu camiño. El está nos malos momentos e nos bos, tamén.

Mais cando saia a flor, só os pacientes terán recompensa. O tempo da flor só agarda a quen pasou polo tempo da espiña. <<Abstine et sustine>>

Iago 1º BAC D


No hay comentarios:

Publicar un comentario