11.2.14

OS MEDOS DO ALUMNADO DE 2º ESO A


Repetimos unha actividade que xa fixeramos no curso pasado. Os alumnos e alumnas de 2º ESO A, inspirándose no poema de Xabier P. Docampo, compuxeron o seu. Cada alumno é dono dun verso e o resultado foi este:

EU TEÑO MEDO

A quedar pechado nun cemiterio.
Ás cousas novas.
A morrer estupidamente.
A estar soa. 
A morrer de xove.
A esquecer todo o aprendido.
Á fin do mundo.
A perder a miña familia.
A ver un morto no coche.
A  ter que separarme dos que quero.
A quedar inútil.
Á escuridade pola noite.
A perderme nun país descoñecido
A suspender. 
Ás serpes.
A non ser querido.

Xa vedes que a soidade, a morte, a enfermidade...  non nos abandonan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario