16.2.14

RODAXE D'A ESMORGA NA PRAZA MAIOR DE OURENSE


O xoves, día 13, os alumnos de 1º BAC. D e mais eu puidemos coñecer de cerca como se desenvolve a rodaxe dunha película. Vimos secuencias d'A esmorga que se estaban rodando na Praza Maior de Ourense. Recibiunos Paula e deunos información de todo tipo e, ademais, facilitounos o encontro co director da película, Ignacio Vilar, e con algúns dos actores da mesma. 









Déixovos fotos (malas e de móbil ruín, ata os alumnos me dicían que o tiña que cambiar) para que vexades como estaba a praza. Nas fotos que fixen dos escaparates, preparados para a rodaxe, hai moitos reflexos pero, para facernos unha idea do que alí había, ó mellor sérvennos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario