2.3.14

XA PASARON TRES ANOS


Xa pasaron tres anos e aínda sigo percorrendo este Camiño longo. Moito tempo investido, moitas cousas aprendidas e sempre traballando coa esperanza de que a alguén lle poida servir algo do que aquí se pon. 

Quero darvos as grazas a todos os que vos achegastes a este blog, isto non tería moito sentido sen vós.




No primeiro aniversario deixeivos uns alelís que eran meus, no segundo unhas hortensias que tamén eran miñas. Este ano vou deixarvos unha flor de magnolio e vou confesarvos o meu pecado, a flor é roubada. Eu non a teño pero gústame tanto a súa fragrancia que en moitas ocasións teño que reprimirme para non collela. Esta vez fíxeno porque tiña confianza coa dona. É por iso polo que creo que o pecado non debe ser mortal. Non vos parece?

2 comentarios:

  1. Grazas Marina polo teu blog e a túa flor roubada (hoxe pola mañá eu tamén roubei unha camelia nun parque, ... non me puiden reprimir... total,... en nada ía caer no chan e no olvido, ... así alongamos a súa eternidade) Felicidades por eses tres marabillosos anos!

    ResponderEliminar
  2. Unha boa forma de xustificar os nosos "roubos". Calquera día póñennos unha multa. Moitas grazas, Avelina.

    ResponderEliminar