4.6.14

MARCOS CALVEIRO NO IES EDUARDO BLANCO AMOR




Marcos Calveiro estivo cos alumnos de 2º ESO. Leran nesta avaliación a súa obra TODOS SOMOS

Neste encontro fíxonos relacionar o mundo da realidade co mundo da ficción. Falounos de desaparicións e mortes de adolescentes, de como se pode culpabilizar a persoas inocentes, como consideramos culpables a presuntos culpables, como a violencia de xénero se produce tamén na adolescencia ...

Na súa novela quixo reflectir a transcendencia mediática que ten a desaparición dunha menor -  moito maior cando é unha moza e non un mozo - e a crise de valores que estamos a vivir.

Os alumnos fixésteslle moitas preguntas; cando lle preguntastes polo final, explicouvos que polo final é por onde el comeza os libros, e que os finais abertos son os seus preferidos, ata o punto de rematar algún deles con puntos suspensivos. N' O pintor do sombreiro de malvas así é. " Eu tiña que coller ese tren, tiña que marchar de Auvers para sempre..." (Desta obra é o texto que vos puxeron na avaliación de diagnóstico deste curso, á que vos enfrontastes hoxe pola mañá)

Seguistes preguntando sobre o tempo que lle levaba escribir unha obra, sobre a ambientación da novela, sobre algúns personaxes, e a todo vos respondeu. Finalmente asinounos libros e tamén o fixo no libro de sinaturas da Biblioteca.

Anticipounos que o libro Todos somos non vai ter continuación, pero si haberá outro libro no que Lina Souto terá que investigar un caso diferente nunha cidade distinta. Temos que agardar para poder lelo. 

Foi para nós unha honra poder contar coa presenza de Marcos Calveiro. O noso agradecemento a el e a Edicións Xerais por facer posible este encontro.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario