9.11.14

PRAZA DO BISPADO. TEATRO EN LEMBRANZA DE BLANCO AMOR


BARALLÁNS - TEATRO, o grupo de teatro do Instituto Blanco Amor de Ourense, porá en escena a obra PRAZA DO BISPADO. A representación será na Sala Valente (antigo Banco de España, Rúa do Paseo de Ourense) o Venres, 14 de novembro, ás 18 horas. Alí estarán moitos alumnos e alumnas do Instituto traballando para nós e para homenaxear a Eduardo Blanco Amor. É unha das actividades paralelas  do OUFF.

.

Este cartel foi agasallo do artista Manuel Figueiras, pintor ourensán que estivo de profesor no Instituto Blanco Amor; o mesmo que deseñou as placas do roteiro d 'A esmorga. 

En Praza do Bispado aparecen recreados anacos de obras de Blanco Amor. Vede a informacion que me enviou Miguel Fernández Alonso, director do grupo de teatro Baralláns - Teatro:

Comezamos coa intervención de Matilda que se presenta e nos declama unha poesía de Blanco Amor que leva por título "Romance antergo".
Logo veñen Ulpiano e Blandina protagonistas da obriña "A medosa Blandina".

A continuación Juan Pantera, Comtemplación Jiménez e un sancristán cun anaco de "Amor e crimes de Juan el Pantera".

Como non podía ser menos coas tres badaladas chega a quenda dos tres esmorgantes e o municipal Sardiña.

Agora os protagonistas son Tono e Pepe, tirados do conto "A arrasadeira" no que introducimos o personaxe de Socorrito que pertence a "A Esmorga".

Decontado chegan Raposo, Adulia e Florindo cun fragmento de "A lebre das ánimas".

Chegamos ó momento da feira cos tres protagonistas do primeiro acto de "Os Baralláns".

Deseguida aparecen tres nenos de "Os biosbardos".
Rematamos coa representación de "A tía lambida".

Se queredes botarlle unha ollada ó guión que elaborou Miguel, podedes facelo. Grazas, Miguel, polo teu traballo.

Coincide a proxección d´A esmorga e esta representación na mesma tarde. Veremos se podemos chegar a tempo para ver Praza do Bispado; de non poder vela ese día, veremola cando se represente no Instituto.

Aquí os tedes en plena actuación e cando xa a remataran. Son  fotos enviadas por Miguel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario