10.2.15

LEDICIA COSTAS NO IES BLANCO AMOR DE OURENSE


Vainos visitar Ledicia Costas. Estará cos alumnos de 1º ESO para falarlles do seu libro Recinto Gris. Non podo asistir porque me necesitan no hospital, e ben que o sinto!

Coñezo algúns traballos da autora e sei o que pensan os alumnos dalgunhas das súas obras, os de terceiro len O corazón de Xúpiter, pero quería vela e escoitala, e nesta ocasión non vou ter esa oportunidade. Agardo que os meus alumnos saquen proveito deste encontro.

Así viron algúns alumnos de 1º ESO a Cidade de Vii, o Recinto Gris, distintos personaxes da obra ... O traballiño consistía en seleccionar algún anaquiño descritivo e ilustralo.


https://picasaweb.google.com/lh/myphotos?noredirect=1

Grazas a todos os que fixeron posible este encontro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario