8.3.15

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Hoxe que é o Día Internacional da Muller púxenme a pensar na miña avoa que tivo que emigrar a Bos Aires e a Cuba e que traballou con pico e pa na construción de estradas de Galicia, seica lle pagaban máis ca a algúns homes porque era moi boa traballadora.

Dime miña nai que lle pagaban un real máis. Un real era a cuarta parte dunha peseta. Cantas pesetas cobraría? Que lonxe queda todo isto! Eu aínda tiven reais nas miñas mans pero os meus alumnos xa non coñeceron esta moeda.


 Foto feita en Cuba, polos anos 20.

Vede este Álbum de mulleres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario