4.3.16

XA PASARON CINCO ANOS


O día dous deste mes, este blog cumpriu cinco anos. Case o esquezo! Nunca pensei que puidese facerse tan longo este camiño, pero a verdade é que non me cansou o percorrido e aqui sigo. 

Utiliceino nas  clases e para as clases e agora, que non estou nelas, non sei moi ben para que serve; aínda así sintome ben téndoo activo.

Nos aniversarios anteriores deixeivos flores, creo que o cuarto non o celebrei, e este ano non vai ser menos. Unha rosa do outono para todos vós. Como é da horta está rodeada de follas de cerdeira. Ten o mérito de que estaba soíña e que zumega beleza.



No hay comentarios:

Publicar un comentario