3.6.16

ALEXANDRE BÓVEDA


Ás veces pasamos por diante da casa na que naceu Alexandre Bóveda. Lémbranos o lugar do seu nacemento unha placa situada no Número 16 da Rúa da Barreira de Ourense. Segundo esa placa, naceu o día 3 de xuño de 1903; tal día coma hoxe hai xa moitos anos.


Noutros textos consultados aparece como data de nacemento de Alexandre Bóveda o día 4 ou incluso o día 7. O que é seguro é que chegou ó mundo a principios de xuño de 1903 e que lle  arrebataron a vida en 1936.

Por riba da placa está un indicador do roteiro que se celebrou varios anos e que de seguro se seguirá a celebrar:


Non sei se se fará este ano. Eu fíxeno en convocatorias anteriores e as paradas facíanse en lugares polos que el se movera na súa infancia e mocidade. Déixovos este diptico que serve para facer o percorrido, se non se quere ou non se pode facer o oficial.

Fronte a casa na que naceu aparece unha estatua que nos fai lembrar a Bóveda e a Castelao:



Mellor lembrar a data de nacemento ca a da súa morte. Así sufrimos menos, pero sen esquecer nunca o que sucedeu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario