19.2.17

ROTEIRO CARLOS CASARES


Onte inaugurouse en Ourense O Roteiro Carlos Casares. Eu xa o fixera noutras ocasións, a primeira fora no 2007, da man de Marcos Valcárcel (canto o botei de menos onte!) e a segunda, guiada por Afonso Vázquez Monxardín.




Esta iniciativa, que xa se viña forxando dende hai moito, por fin viu a luz de forma definitiva neste ano dedicado a Carlos Casares.

O roteiro Carlos Casares é un percorrido pola traxectoria vital e literaria do autor. Está sinalado con vinte placas de cerámica nas que aparecen textos das obras e de artigos de Casares: Vento ferido, Deus sentado nun sillón azul, Os mortos daquel verán, Os escuros soños de Clio..., artigos d'A marxe, La Región, e todos eles acompañados de fotografías. As dezaoito primeiras placas podémolas atopar no Parque de San Lázaro, en Cardenal Quevedo, no Paseo, a Alameda, a Rúa da Paz, a Rúa Lepanto, na Praza do Trigo, na Praza Maior... Para ver as dúas últimas hai que desprazarse ó Seminario Menor e á igrexa e reitoral de Beiro.




Oxalá que este roteiro sexa de utilidade para os cidadáns ourensáns, para todo o alumnado que queira saber máis sobre a vida e obra de Casares e para todos aqueles que se acheguen a esta cidade termal, literaria...e moito máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario