11.6.12

CARTEIS DE CELSO EMILIO

Na entrada "Traballando con poemas de Celso Emilio" anunciabamos algunhas actividades que queriamos facer para conmemorar o Centenario do nacemento de Celso Emilio. Fóronse facendo varias ó longo do curso: recitados e ilustracións de poemas, talleres de escritura partindo dos poemas do autor, un "collage" que preparou Soedade e que inspirou poemas e, tamén, elaboración de carteis. Esta última actividade é a que presentamos agora. 

Houbo unha gran participación. Durante o mes de maio, os carteis que fixestes estiveron colocados no corredor da primeira planta do Instituto. Grazas a todos pola vosa participación.  Estou segura de que todos aprendemos algo.

Antes de retiralos, fixémoslles unhas fotos que agora aparecen recollidas neste álbum:       


No hay comentarios:

Publicar un comentario