9.4.13

UN EXÉRCITO DE ROSQUILLAS EN TODA REGRA!





Un exército de rosquillas en toda regra!  Iso foi o que dixo alguén cando viu estas fotografías, outros desexaban coller as rosquillas na pantalla na que as vían, unha compañeira de traballo pediume que llas enviase, e outra pensou nunha entrada de blog.

A verdade é que eu non pensaba utilizalas aquí pero cheguei á conclusión de que, partindo destas fotografías, podemos traballar en 1º ESO.

Realizade as seguintes actividades:
  1. Para que se farían  tantas rosquillas? Cantas serán?
  2. Por que estarán así colocadas nesas mesas tan grandes?
  3. Pedide ou buscade unha receita de rosquillas e escribídea.
  4. Agora que vos informastes, contade se será difícil o proceso de elaboración deste doce.
  5. Aproveitando que andamos a voltas co diálogo e a conversa, escribide un diálogo no que as protagonistas sexan as rosquillas. Podedes mesturar narración e diálogo.

3 comentarios:

  1. Realmente agora que me fixo ben na fotografía ata me recordan ós guerreiros de terracota chineses así todas ordenadas e xuntas :)

    ResponderEliminar
  2. E están para morrer! Vivan as rosquillas das Bouzas.Perdón profe por dar pistas.

    ResponderEliminar
  3. As rosquillas estaban boísimas. Marisa, as pistas serviron de pouco pero algúns alumnos responderon adecuadamente e e outros crearon historias interesantes.

    ResponderEliminar