18.12.15

ADEUS A XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO


Nestes últimos meses do ano deixáronnos varios escritores; onte fíxoo Xosé Fernández Ferreiro.

Coñecino na entrega dos Premios Xerais do ano 1992, no Liceo de Ourense. El, Fina Casalderrey e Miguel Suárez Abel compartiron mesa comigo e con outros comensais; todo un luxo para min que acababa de ler e traballar cos meus alumnos a súa obra, Agosto do 36, premiada o ano anterior.

A partir dese día declareime unha fiel seguidora da súa obra.




No ano 99 volvín velo nun acto, acompañando a Ferrín, foi entón cando me asinou varias das súas obras.


Dende agora, Xosé Férnandez Ferreiro vai  permanecer na nosa memoria.

Información no blog de Fernández Naval.

No hay comentarios:

Publicar un comentario