30.12.15

ALICERCES. NENOS EXPÓSITOS DA INCLUSA.

Na Sala de Exposicións Afundación Ourense podemos ver a exposición Alicerces. Evolución urbana de Ourense do século XVI ao XX. 

Mirade o folleto promocional.

Gocei e aprendín véndoa. Fixeime en moitas cousas pero hoxe quero falarvos dun libro de certificacións de bautismo e oficios relativos a nenos expósitos da Inclusa (nenos abandonados por seus pais, ao nacer, nun local de beneficencia)





Se eu non fose descendente dun deses nenos, probablemente non me fixase moito nese libro, pero, ó selo, pareime ante el e lembrei a meu avó, quen tivo a desgraza de non poder coñecer a seus pais. O seu apelido foi " De la Iglesia" tal como figura nun documento que eu conseguín hai anos na Diputación, pero rematou sendo "Iglesias, sen segundo"; e de aí, o noso apelido. Agora xa sabedes que a miña árbore xenealóxica, por parte de nai, ten moi poucas pólas.

Avó, houbo anos moi, moi duros na túa vida pero logo todo foi máis fácil e quixémoste moito. 

Falareivos doutras cousas da exposición noutro momento. Ide vela. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario