8.1.15

XOSÉ MACEDA. CANTARES DE CEGO.


O xoves, 18 de decembro, os alumnos de segundo de ESO e os seus profesores puidemos ver como Xosé Maceda interpretaba para todos nós Cantares de cego. Estaba ataviado coas roupas propias do personaxe e acompañou os seus cantares coa súa zanfona. Ata tivo que deixar a barba para encarnar mellor a figura do cego ambulante que no pasado ía a feiras e romarías co seu repertorio.




Lembrades a historia d'A Rosiña do Estanqueiro e a de Manoel Docampo? Houbo máis, cales eran?

Xosé deunos coplas e non llas pagamos! Deíxovos aquí a d'A Rosiña do Estanqueiro para que a repasedes.

Xosé Maceda é músico e luthier. Fabrica instrumentos de percusión e é integrante do grupo de música folk "Quempallou", grupo para o cal compuxo varias cancións ó longo dos doce anos de traxectoria musical da formación, con discos como "Quenmpallou", "Estremonías" ou "Polo aire". Foi tamén profesor de música no Conservatorio de Monforte de Lemos e na Escola de Música da Pobra de Brollón (Lugo). Impartiu e imparte obradoiros de música tradicional galega e de fabricación de instrumentos en numerosos puntos da xeografía galega e mesmo fóra das nosas fronteiras, como París ou a Bretaña francesa. Unha das súas paixóns, no referente á música tradicional, é ofrecer espectáculos de recreación dos cantares de cego. (Información ofrecida por Olga)

Tamén participou noutro proxecto cultural: "Memoria do Incio" que comezou a súa andadura co libro Poesia no Incio. Neste libro recóllense poemas de Ánxel Fole, Uxío Novoneyra, Lois Pereiro, Manuel Rivas, Marica Campo, Claudio Rodríguez Fer e Olga Novo.


O noso agradecemento a Xosé Maceda e a Olga Novo que fixeron posible este acto.



2 comentarios:

  1. ¡Como a vida mesma o cantar da Rosiña do Estanqueiro! hahahahahaha

    Feliz ano 2015 !!

    ResponderEliminar
  2. Pois hai unha adaptación do cantar que xa che pasarei ou publicarei se me dan permiso os autores. Penso que che ha gustar.

    Grazas, Begoña, pola visita. Feliz ano.

    ResponderEliminar